|
Fiare Banca Etica é un banco cooperativo independente que traballa polo interese máis alto: o interese colectivo.
Buscamos unha persoa para incorporarse ao equipo da nosa oficina de Bilbao; oficina que abrangue a zona norte.
Realizará tarefas comerciais e de xestión da nosa carteira de clientes e non clientes con ámbito xeográfico Galicia. Atendendo as súas solicitudes en canto a produtos, servizos e financiamento.
En resumo, buscamos a unha persoa que desempeñe as funcións operativas propias dunha oficina comercial.
• Titulación universitaria relacionada coas finanzas (ADE, Economía, Dereito ou similar) • Polo menos 5 anos de experiencia como xestor/a empresas en oficina • Coñecemento do funcionamento do sistema financeiro, adquirido mediante experiencia bancaria acreditable • Habilidades comerciais e de venda • Capacidade de organización, de xestión de proxectos e de traballo en autonomía • Dispoñibilidade de movilidad xeográfica • Dominio do galego
Valorarase:
• Certificacións actualizadas (p. ex., MiFID, LCCI…) • Coñecemento do sistema informático IRIS • Coñecemento do contexto socioeconómico e da economía social galega • Coñecemento dos sectores de actividade da entidade • Dominio de, polo menos, unha lingua estranxeira (inglés ou italiano) • Experiencia en voluntariado
Que ofrecemos: • A oportunidade de traballar nun proxecto que pon ás persoas socias e clientes no centro • A posibilidade de desenvolver os principios das finanzas éticas no traballo no día a día •Un contexto no cal a persoa pode continuar mellorando e aprendendo en procesos de formación individual e de grupo •Politicas de conciliación de vida e traballo, Plan de pensións de empresa
Lugar de traballo: Santiago de Compostela
Tipoloxía de contrato: indefinido
Prazo para presentar candidaturas: 25.11.2026
|